Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
45
Nota de acceso
7.680 (Ext.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ofrece unha aproximación científica e tecnolóxica á industria alimentaria sobre todo o proceso de elaboración dos alimentos, dende a obtención das materias primas ata o proceso de distribución e venda e pasando pola produción, a conservación e o control da calidade tanto dos alimentos como das instalacións onde son manipulados e almacenados.
Mencións
Enoloxía
Perfil de Ingreso
Persoas con interese por coñecer e comprender:
- Os riscos alimentarios, a súa análise e avaliación
- Os procedementos e mecanismos de análises de alimentos
- As normativas vixentes en materia de alimentación, tanto nacionais como internacionais
- Os procesos de xestión da seguridade alimentaria
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Industria alimentaria (produción, departamentos de I+D+i)
- Laboratorios de análises de alimentos
- Consultorías privadas (xestión da calidade, seguridade alimentaria, composición de alimentos)
- Comercialización, comunicación e mercadotecnia
- Docencia e investigación