Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
40
Nota de acceso
5.122 (Ord.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O Grao en Xeografía e Historia presenta carácter multidisciplinar e polivalente que capacita para un amplo abanico de saídas profesionais coma os servizos educativos, os servizos da administración ou os medios de comunicación.
Este título adquire un carácter singular que o diferencia da dinámica habitual que implica a separación en tres títulos especializados en Historia, Historia da arte e Xeografía. A nosa oferta formativa inclúe materias de Historia, Historia da arte e Xeografía que proporcionan unha formación básica para comprender o pasado e o presente, coñecer o territorio e obter certas habilidades (espírito crítico, capacidade de síntese ou procura de información).
Outra circunstancia a destacar é a posibilidade de cursar o Grao en Xeografía e Historia a través da modalidade semipresencial, na que o estudantado só ten que asistir ás probas de avaliación, coa vantaxe de acceder ao material docente a través dunha plataforma e coa posibilidade de asistir ás clases presenciais que desexe.
Perfil de Ingreso
Interese polo pasado, polo coñecemento das manifestacións artísticas, polo medio físico e natural, respecto á diversidade, espírito crítico e gusto pola lectura.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
O carácter multidisciplinar e diacrónico do Grao en Xeografía e Historia permite o acceso a un amplo abanico de saídas profesionais nos seguintes campos:
- Profesorado de Ensinos Secundarios: a formación no tres ámbitos (Historia, Historia da arte e Xeografía) coincide coa temática esixida nas oposicións
- Xestión do patrimonio histórico e cultural: o sector turístico é considerado estratéxico tanto no ámbito público como privado
- Documentalista: nos arquivos e outras entidades requírense especialistas para organizar a documentación
- Museos e bibliotecas
- Actividades arqueolóxicas
- Organización e desenvolvemento de eventos culturais: actividades moi de actualidade que deben acadar o nivel de rigorosidade axeitado
- Xestión de institucións culturais: a través dos coñecementos dos obxectos que nelas se albergan
- Deseño de materiais e contidos para páxinas web culturais, aplicacións educativas
- Asesoría a medios de comunicación