Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Ourense
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
85
Nota de acceso
6.578 (Ext.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O obxectivo central do título de Grao en Administración e Dirección de Empresas é formar profesionais capaces de desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas e desenvolver eses labores no ámbito global da empresa ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.
Perfil de Ingreso
Estudantes interesados/interesadas en desenvolver a súa carreira profesional no campo da xestión de organizacións, tanto empresariais como de calquera outro tipo, con capacidades que lles permitan a súa integración no ámbito universitario e posteriormente no mercado laboral. En concreto, serían desexables trazos como os que se detallan a continuación:
- Motivación e interese polo mundo da economía e a empresa
- Sensibilidade polo desenvolvemento empresarial
- Iniciativa e espírito de liderado para crear e xestionar negocios xeradores de emprego
- Capacidade para integrar e dirixir equipos humanos
- Dinamismo para enfrontarse aos problemas da sociedade actual e para propor as solucións correspondentes
- Capacidade para a toma de decisións
- Capacidade de análise e de síntese, de abstracción e expresión
- Versatilidade e sociabilidade
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Administración, organización e dirección de empresas
- Auditoría de contas
- Asesoría financeira, contable e fiscal
- Consultoría
- Investigación e planificación comercial, técnicas de mercadotecnia e comercio exterior
- Sistemas actuariais e de riscos
- Selección e integración de persoal, métodos de traballo e racionalización administrativa
- Proceso de datos e tratamento da información empresarial
- Arbitraxe e actuacións xudiciais
- Estudos estatísticos e documentación económica, contable e financeira
- Docencia