Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Ourense

Centro
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

55

Nota de acceso

5.142 (Ext.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

Este grao forma profesionais en materia turística que son quen de contemplar as necesidades da xestión empresarial e o uso turístico dos recursos naturais e culturais, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co turismo (mercadotecnia, xestión empresarial, planificación estratéxica, idiomas, xestión de aloxamentos e restauración, economía ambiental, comercio internacional, xeografía, socioloxía …), coa capacidade de liderar novos proxectos e adaptarse a unha contorna en rápida evolución.

Perfil de Ingreso

O Grao en Turismo está enfocado a persoas que senten interese por diferentes culturas, que teñen habilidades comunicativas e facilidade para aprender novos idiomas; son quen de traballar en equipo en campos multiculturais, teñen iniciativa, son creativas e teñen disposición para servir.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Organizacións do sector turístico
  • Dirección corporativa e institucional de empresas do sector
  • Intermediarios turísticos
  • Dirección de axencias de viaxes
  • Dirección de entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais relacionadas có ámbito turístico