Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Ourense

Centro
Facultade de Educación e Traballo Social

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

75

Nota de acceso

7.790 (Ord.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O propósito fundamental deste grao é formar profesionais capaces de xerar contextos educativos e accións mediadoras que permitan a incorporación das persoas obxectivo ás diversas redes sociais, así como a súa promoción cultural e social mediante accións socioeducativas, tanto preventivas como de intervención. Dotará ao estudantado da formación e as ferramentas necesarias para desempeñar profesionalmente as actividades enumeradas.

Perfil de Ingreso

  • Unha marca de sensibilidade social: interese no traballo con grupos humanos
  • Preocupación polos problemas que teñen os diferentes grupos sociais
  • Capacidade para resolver problemas e tomar unha decisión
  • Empatía
  • Intereses na área humanista-social
  • Sentido crítico e capacidade de análise
  • Respecto polas persoas
  • Creatividade e iniciativa para propoñer, xunto ás persoas, solucións alternativas
  • Habilidades sociais básicas para o estudo e traballo en equipo
  • Experiencia en actividades de voluntariado social
  • Capacitación previa recomendada en humanidades e áreas sociais, incluída a procura de ciclos de formación profesional superior nos ciclos ofrecidos pola animación sociocultural e a integración social
  • Experiencia recomendable en actividades laborais no ámbito social

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Educación non formal: animación de actividades extraescolares, educación para o lecer e o tempo libre, educación cívica, educación e interpretación ambiental, educación para a saúde
  • Educación de persoas adultas: ensino de alfabetización, educación permanente, pedagoxía da terceira idade, formación ocupacional, formación continua, preparación para a xubilación
  • Animación socio laboral: inserción socio laboral, información e orientación para o emprego, preparación para xubilarse, plans de formación continua, formación e orientación laboral
  • Animación sociocultural: turismo social e cultural, turismo xuvenil, educación na rúa, promoción do asociacionismo da participación social, información e dinamización xuvenil, xestión cultural, desenvolvemento comunitario.
  • Acción socioeducativa: atención comunitaria, estudo de novas tecnoloxías e a súa aplicación educativa, educación especializada, educación familiar, intervención socioeducativa, servizos sociais de atención primaria, servizos penais, servizos de información e planificación familiar, dinamización e sensibilización social
  • Inserción social: prevención e tratamento en toxicomanías, prevención e intervención con grupos en risco de exclusión social, protección e tutelade menores; servizos de protección e asistencia social, servizos de medidas de xustiza xuvenil, prevención e intervención #ante a violencia de xénero.

Todas estas actividades pódense desenvolver en centros como:

  • Residencias da terceira idade
  • Cooperativas de traballo asociado
  • Centros de lecer
  • Departamentos de formación
  • Servizos socioeducativos
  • Empresas de servizos
  • ONGs e fundacións
  • Asociacións (veciñais, culturais, xuvenís…)