Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Ourense
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
75
Nota de acceso
6.074 (Ord.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O Grao en Traballo Social capacitará ao estudantado para o exercicio profesional como traballador/a social. Intervirá en situacións de conflito nos diferentes ámbitos sociais dos individuos, participará na formulación e planificación de políticas, servizos e iniciativas sociais e na prevención de problemas e conflitos entre persoas e/ou colectivos.
Perfil de Ingreso
Estudantado interesado en traballar por e para a eliminación de barreiras sociais, desigualdades e inxustizas da sociedade actual; con sensibilidade pola incorporación e inclusión dos grupos de persoas discriminadas, vulnerables ou con risco de chegar a selo.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Asistencial: atención a demandas de individuos ou grupos relacionadas con necesidades sociais; orientación, información e asesoramento sobre dereitos sociais e recursos da sociedade; organización e xestión de servizos sociais; servizos de apoio e asesoramento á poboación en xeral e colectivos específicos
- Prevención, promoción de situacións de inxustiza social que impidan a aparición de problemas e carencias sociais e que promovan os dereitos humanos
- Incorporación social: en calquera poboación que se atope nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social
- Docencia e investigación social: en relación con problemas sociais obxecto de intervención; análise e intervención no ámbito social (natureza, dimensión e prioridades, problemas e carencias, fortalezas etc.); investigación e análise dos factores condicionantes do benestar social
- Mediación: mediación familiar, social, comunitaria…
- Xestión, dirección de servizos, programas sociais e recursos humanos
- Planificación, avaliación de programas e servizos
- Coordinación con outros profesionais, administracións e recursos