Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Ourense

Centro
Escola Superior de Enxeñaría Informática

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

8.858 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O título de Graduado/a en Intelixencia Artificial proporciona a formación ampla, profunda e multidisciplinar que precisan os e as profesionais deste ámbito e que resulta imprescindible para construír con éxito os servizos e aplicacións intelixentes que están a ter un impacto tan importante nas nosas vidas a todos os niveis.

Trátase dunha titulación interuniversitaria no Sistema Universitario de Galicia, de catro cursos (240 ECTS), na que as materias dos dous primeiros cursos son comúns ás tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo). En terceiro e cuarto, na Universidade de Vigo desenvolvemos a orientación en Sistemas de Información Intelixentes (SII).

Os SSI constitúen a evolución natural dos Sistemas de Información, integrando técnicas de procesamiento de grandes volumes de datos mediante sistemas de computación distribuídos, e utilizando algoritmos e estratexias de Intelixencia Artificial (IA) para unha xestión máis eficiente e próxima aos procesos de decisión humana.

Os SII xeran e incorporan capacidades que lles permiten exhibir un comportamento flexible e creativo, cooperando tanto con usuarios como con outros sistemas na recuperación, procesamiento, e xeración de datos e para a resolución de problemas.

Mencións

A mención Sistemas de Información Intelixentes do Grao en Intelixencia Artificial está orientada a estudantes interesados en adquirir un perfil profesional que lles capacite na explotación automática e segura de fluxos de información, calquera que sexa o seu formato, tipoloxía, dimensión e complexidade. O obxectivo é satisfacer os requirimentos de toda clase de entidades a este nivel, tanto no ámbito da xestión como da toma de decisións, mediante o deseño de solucións centradas na aplicación e integración de estratexias de IA. Trátase por tanto non só de localizar datos xa existentes para o seu procesamiento inmediato nunha estratexia puramente transformacional, senón fundamentalmente de derivar nova información que outorgue unha vantaxe competitiva significativa no dominio de aplicación.

Perfil de Ingreso

Para este grao non se esixe unha formación previa específica, aínda que é recomendable una ter unha boa formación en matemáticas e informática, tanto para os perfís de humanidades e ciencias sociais como para os científicos-tecnolóxicos. Igualmente importante é dispor de cualidades como :

  • Creatividade
  • Capacidade analítica e crítica
  • Curiosidade intelectual
  • Hábito de lectura e capacidades de comunicación oral e escrita
  • Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
  • Constancia e responsabilidade no traballo
  • Habilidades para traballo en equipo
  • Efectividade no uso do tempo

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

Nesta mención, o futuro graduado adquirirá un perfil que lle capacitará para o deseño, desenvolvemento e aplicación de técnicas e tecnoloxías baseadas en aprendizaxe e razoamento automático, Big Data, procesamiento da linguaxe natural, e interacción e percepción en tempo real para o desenvolvemento de SII.