Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Ourense

Centro
Escola Superior de Enxeñaría Informática

Materias do título

 

Créditos ECTS

384

Cursos

6

Prazas

6

Nota de acceso

11.976 (Ord.) (1)

Prezo

772.50 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2022/2023
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O dobre grao en Administración e Dirección de Empresas e Enxeñería Informática permite multiplicar as posibilidades de traballo do estudantado para poder afrontar de maneira decisiva os desafíos que se lle presentan ás empresas e organizacións na “sociedade da información”.
O estudantado pode converterse en experto tanto en metodoloxías e tecnoloxías de desenvolvemento de software, cunha visión global do sector e coas habilidades necesarias para deseñar, xestionar e integrar sistemas de información como en aplicacións e redes en empresas ou produtos de software de calidade. Así mesmo, adquirirá as habilidades profesionais necesarias para integrar e mellorar o uso das TIC na xestión empresarial. Doutra banda, o estudantado aprenderá a planificar, organizar, dirixir e implementar proxectos empresariais, administrando os recursos (humanos, financeiros e tecnolóxicos) con eficiencia económica.
Por tanto, esta dobre visión permitiralles xestionar de maneira óptima os recursos e ser un dos perfís máis demandados polas empresas.

Perfil de Ingreso

O dobre grao ADE – Enxeñería informática está orientado a persoas que teñen unha sensibilidade especial para o desenvolvemento empresarial e unha iniciativa privada para crear e liderar empresas capaces de xerar riqueza e emprego. Ademais, o futuro estudantado debe ter capacidade analítica e de razoamento, ser persoas organizadas e perseverantes no estudo, que lles guste investigar e resolver problemas e que sentan atraídas polas novas tecnoloxías enfocadas ao desenvolvemento de proxectos empresariais.
Esta dobre titulación está deseñada para persoas con inquietudes en contornas empresariais como inquietudes informáticas.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

As saídas profesionais ofrecidas pola simultaneidade ADE- EI son múltiples xa que ambos os graos constitúen unha ampla gama de oportunidades laborais. O estudantado poderá orientar a súa carreira profesional tanto á contorna empresarial como á enxeñaría informática, así como a aqueles postos nos que a combinación de competencias dos dous campos é especialmente necesaria e valiosa.
Entre os principais resultados profesionais máis habituais destes títulos atópanse: auditoría, consultoría, finanzas, mercadotecnia, servizos bancarios ou financeiros, creación de empresas, deseño e desenvolvemento de software, desenvolvemento de políticas e tecnoloxías, seguridade de redes e sistemas de información, xestión de redes de comunicación ou xestión de proxectos.