Rama de coñecemento: Artes e humanidades
Campus: Campus de Pontevedra
Centro
Facultade de Belas Artes
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
130
Nota de acceso
10.324 (Ext.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O obxectivo do grao é formar profesionais capaces de identificar, entender e desenvolver os problemas e os procesos da arte, a través da creación artística e da súa análise.
Os estudos superiores de belas artes están a desempeñar un papel imprescindible na formación de artistas e profesionais da creación e da cultura, de acordo coas demandas crecentes da súa contorna. Precisamente no ámbito da creación e da industria cultural é onde, xunto ao ensino, atopan sitio preferentemente as persoas tituladas en Belas Artes.
Perfil de Ingreso
- Coñecementos básicos sobre a arte e a cultura nas súas diferentes manifestacións e contextos
- Inquietude e curiosidade polas manifestacións da arte e a cultura contemporáneas
- Habilidades básicas e sensibilidade para o manexo de ferramentas e materiais
- Capacidade para a aceptación da diversidade cultural
- Sensibilidade para a apreciación da arte e as manifestacións culturais tanto a nivel social como individual
- Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo do coñecemento
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Arte creativa: fotografía, debuxo, pintura, escultura creativa, escenografía, murais, decoración, ilustración
- Xestión cultural: xestión de galerías de arte, museoloxía, xestión en fundacións artísticas e culturais, técnico/a en xestión cultural, animación para a difusión artística e cultural, arquivos de xestión e creación do patrimonio
- Deseño gráfico e audiovisual: deseño audiovisual, publicitario, gráfico, cine de animación e banda deseñada, ilustración…
- Docencia e educación artística: transmisión e educación artística en centros de ensino, museos, centros culturais, deseño de recursos educativos