Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

75

Nota de acceso

9.154 (Ord.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

É unha titulación orientada a garantir unha formación pedagóxica, psicolóxica, lingüística, sociolóxica, científica, tecnolóxica e artística do futuro profesorado de Educación Infantil (0-6 anos), coherente cos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, así como co fomento da educación e da cultura da paz, de maneira que poidan desempeñar con eficiencia, eficacia e calidade a súa función docente, de titorías e xestora.

Mencións

  • Afondamento curricular
  • Educación física
  • Educación musical

Perfil de Ingreso

Este grao está orientado ao estudantado interesado no exercicio da docencia, especialmente con nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0-6 anos). O estudantado deberá mostrar interese por actividades humanitarias, responsabilidade e compromiso ético, crítico e auto-crítico. É preciso que teña capacidade de traballo en grupo, que sexa persuasivo, con espírito emprendedor e que teña facilidade para as relacións interpersoais. Así mesmo, deberá posuír un bo coñecemento do español e do galego, así como nocións básicas dun idioma estranxeiro e bos coñecementos nos ámbitos científicos, matemáticos, informáticos, educación física e expresión artística.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

Mestra/e en Educación Infantil