Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Facultade de Comunicación

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

45

Nota de acceso

8.818 (Ord.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

Este grao pretende formar profesionais que, en consonancia coa crecente demanda laboral e a expansión do sector audiovisual no noso país e no resto da Unión Europea, poidan desenvolver de xeito óptimo as tarefas de guionista, dirección, realización audiovisual, produción, xestoría, edición ou deseño de posproducción en medios audiovisuais convencionais e multimedia; sen esquecer a faceta cultural e humanista que vai caracterizar o seu traballo, xunto á capacidade crítica, analítica e reflexiva en relación co feito audiovisual.

Perfil de Ingreso

Persoas con interese por desenvolver a súa carreira profesional en radio, vídeo, televisión ou multimedia, dotadas de capacidade creativa e predisposición e facilidade para a innovación en diferentes soportes e ambientes multimedia.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Medios audiovisuais: realización de televisión e radio; produción de cinema, de televisión, radio e producións multimedia; guionista nos diferentes medios de comunicación; presentadores/as de programas de televisión; realización, responsables de cámara, analistas de guión, encargados/as de fotografía, de son, de vestiario, etc., en películas e programas de televisión; dirección artística; especialistas en iluminación; traballadores/as de posproducción na industria audiovisual
  • Deseño gráfico e multimedia: deseño gráfico, deseño de xogos, páxinas web, compilación de contidos para presentar en portais de internet
  • Publicidade: redacción de publicidade, selección, avaliación e compra de espazos publicitarios; planificación da difusión de clientes nos medios, dirección de axencias de publicidade
  • Xestión: análise de comercio electrónico, produción e dirección creativa ou técnica; especialistas en dereito en relación coa comunicación; operadores de atención ao cliente