Rama de coñecemento: Artes e humanidades

Campus: Campus de Vigo

Centro
Facultade de Filoloxía e Tradución

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

5.374 (Ext.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O obxectivo deste grao é adquirir os coñecementos lingüísticos e socioculturais necesarios para a expresión e a comprensión de linguas estranxeiras como o inglés, o alemán, o francés e o portugués, potenciando as habilidades descritivas e analíticas que permitan profundar no estudo sincrónico e diacrónico destas linguas e as súas producións literarias. Este grao ofrece formación en tres linguas estranxeiras (elixirase entre inglés, francés, alemán e portugués). Nas materias optativas do cuarto curso pode orientarse a formación cara ao ámbito lingüístico ou ao literario-cultural.

Perfil de Ingreso

Estudantado interesado na cultura e na literatura doutros países, ademais da realidade lingüística global, con capacidade para expresarse e comprender as linguas nativas (español e galego) e as estranxeiras obxecto de estudo.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Departamento internacional
  • Comercio exterior
  • Departamento de recursos humanos
  • Mercadotecnia
  • Docencia
  • Asesoría lingüística
  • Mundo editorial (corrección de textos)
  • Función pública
  • Xestión do patrimonio
  • Carreira diplomática
  • Creación en axencias de publicidade