Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
75
Nota de acceso
9.292 (Ord.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
A bioloxía é considerada unha parte esencial do coñecemento. Por iso, o Grao en Bioloxía proporciona coñecementos e destrezas en morfoloxía, sistemática, estrutura e función dos seres vivos, da interacción intra e inter específicas da súa adaptación co medio que lles rodea. Un dos obxectivos da titulación de grao é a formación de profesionais que sexan quen de producir avances neste campo imprescindibles para o desenvolvemento da sociedade.
Perfil de Ingreso
A titulación de Grao en Bioloxía require que o estudantado conte cunha serie de aptitudes e coñecementos previos na relación coas ciencias da vida, así como dun alto nivel de motivación que facilite o seu progreso nos estudos.
- Posuír un amplo coñecemento das ciencias básicas: física, química, matemáticas e bioloxía. Son recomendables os coñecementos de xeoloxía e, a ser posible, coñecementos do idioma inglés, polo menos a nivel de comprensión
- Expresarse adecuadamente de maneira oral e escrita
- Ter interese polos temas que se relacionan coa natureza e inquietude por coñecer os seres vivos e os seus procesos vitais, así como preocuparse polos problemas medioambientais
- Posuír capacidade de observación e análise, motivación para o traballo de campo e de laboratorio, disciplina de estudo e con disposición a ser parte activa do proceso de aprendizaxe, con preocupación pola calidade e motivación por alcanzar os obxectivos
Acceso e admisión
Estudantes procedentes de Bacharelato (do ámbito científico ou tecnolóxico) que teñan superada a proba de acceso á universidade (ABAU), así como de técnicos/as superiores formados/as nos ciclos superiores de formación profesional (CSFP) das vías científica e sanitaria. Asemade é posible o ingreso de titulados/as universitarios/as doutros graos con perfil científico-técnico.
Saídas Profesionais
- Ámbito biosanitario: análise clínica (laboratorio de bioquímica, microbioloxía, inmunoloxía, xenética…), B.I.R. (hospitais públicos), análise xenética, reprodución humana, nutrición e dietética, investigación biomédica
- Medio ambiente: estudos de impacto ambiental, análise da calidade dos ecosistemas e auditorías ambientais, xestión de espazos protexidos, restauración de solos e do medio ambiente, tratamento de residuos
- Recursos e produción: mellora de explotacións (recursos vexetais, animais e fungos), acuicultura, helicicultura, apicultura, introdución de novas especies, biotecnoloxía industrial, agraria e agroalimentaria, viveiros, herboristería e xardinería, produción farmacolóxica (medicamentos, vaciñas, etc.).
- Control de Calidade: análise e control de alimentos e de augas, control de calidade en biotecnoloxía industrial, en laboratorios analíticos e na industria biomédica e farmacolóxica
- Formación e docencia: docencia nos diferentes niveis formativos: aprendizaxe en secundaria, formación profesional, formación ocupacional e universidade
- Investigación, desenvolvemento e innovación: proxectos de investigación básicos e aplicados nos ámbitos biolóxicos (bioloxía celular e molecular, xenética, bioinformática, biotecnoloxía, biomedicina, medio ambiente e recursos naturais…)
- Sector do ocio e Outros servizos: ecoturismo, xardíns, zoolóxicos, museos, parques naturais, representación comercial, etc