Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura
Campus: Campus de Vigo
Créditos ECTS
300
Cursos
5
Prazas
15
Nota de acceso
5.362 (Ext.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
No curso 2024/2025 a oferta de titulacións da Escola amplíase cun Programa Académico de Percorrido Sucesivo (PARS) en Máster en Enxeñería de Telecomunicación, vía o Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación. O PARS non constitúe unha nova titulación, senón que proporciona itinerarios curriculares específicos que permiten cursar as dúas titulacións oficiais vinculadas preexistentes de forma parcialmente simultánea para, unha vez finalizados os estudos, obter ámbolos dous títulos.
As dúas titulacións manteñen a súa diferenciación e independencia estrutural; é dicir, segue habendo as mesmas materias, as mesmas mencións no grao, as mesmas especialidades no máster, e as mesmas condicións de terminación que hai nas dúas titulacións por separado.