Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Vigo
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
72
Nota de acceso
5.096 (Ext.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
Este grao pretende proporcionar unha formación integral e multidisciplinar no ámbito socio-laboral para deseñar e implantar estratexias e políticas de recursos humanos e intervención no mercado de traballo, así como participar na comunicación en diversos ámbitos de actuación coma o asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal, etc.
Perfil de Ingreso
Estudantado interesado no desenvolvemento das diversas profesións de contido xurídico, tanto mediante o exercicio autónomo da profesión como a través de oposición ou outros sistemas de selección para o emprego público; tamén e de forma especial, mediante a incorporación ao mundo empresarial.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Asesoría: consultoría de empresas e asesoría laboral, arbitraxe-asesoría en negociacións, asesoría en convenios colectivos, asesoría para avaliar condicións de traballo, asesoramento fiscal e contable, en xubilacións, pensións, desemprego, seguridade e hixiene no traballo…
- Prevención de riscos laborais: control e prevención en cuestión de seguridade e hixiene no traballo, control de medidas de seguridade na empresa, colaboración cos servizos médicos de empresa
- Representación e mediación en conflitos traballador/a-empresario/a, administrativa e xudicial
- Xestión: xestión e organización de departamentos de persoal, xerencia de institucións, asociacións, empresas; xestión de asuntos relacionados coa contratación, xestión de prestacións á Seguridade Social