Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura
Campus: Campus de Vigo
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
50
Nota de acceso
6.292 (Ext.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O grao proporciona a formación para profesionais que desenvolverán a súa actividade profesional na área de enxeñaría de procesos enerxéticos, dende a xeración de enerxía ata a súas diferentes aplicacións. A formación está centrada nos procesos que teñen lugar dende a xeración de enerxía ata o nivel de usuario/a do servizo de enerxía eléctrica e/ou térmica final.
Mencións
- Tecnoloxías enerxéticas
- Eficiencia enerxética
Perfil de Ingreso
Interese por estudos de enxeñaría multidisciplinar relacionados especificamente cos recursos enerxéticos e a súa transformación, dende a xeración da enerxía ata o seu transporte, utilización e xestión. Este grao proporciona formación para desenvolver tecnoloxías, procesos e sistemas eficientes e sustentables.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Enerxías renovables: xeotermia, enerxía solar, biomasa, enerxía eólica, enerxía hidráulica, etc…
- Enerxías renovables incipientes: enerxía mareomotriz, enerxía undimotriz
- Aforro e eficiencia enerxética
- Centrais térmicas e hidroeléctricas
- Novas tecnoloxías enerxéticas. Biocombustibles, pilas de combustible
- Xeración, transmisión e conversión da enerxía térmica
- Xeración, transporte ou utilización da enerxía eléctrica
- Combustibles convencionais: gas, petróleo, carbón
- Auditorías enerxéticas