Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
70
Nota de acceso
5.008 (Ord.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O Grao en Ciencias do Mar ten como obxectivo a preparación científica e práctica de profesionais en relación co ámbito mariño e litoral, proporcionando ás persoas egresadas unha formación multi e pluri disciplinar aplicable a actividades pesqueiras, acuicultura, oceanografía, medio ambiente e a súa protección, Xestión e ordenación do litoral, turismo sostible, novos recursos alimentarios, minerais de interese industrial e enerxías renovables.
Perfil de Ingreso
Os coñecementos previos recomendables para aquel estudantado que queira cursar Ciencias do Mar son os de Bacharelato de ciencias, no que se imparten as catro disciplinas científicas básicas: Bioloxía, Xeoloxía, Física – Química e Matemáticas, así como capacidades para a aprendizaxe, carácter emprendedor e un nivel, ao menos, de iniciación na investigación básica.
Acceso e admisión
Estudantes procedentes de Bacharelato (do ámbito científico ou tecnolóxico) que teñan superada a proba de acceso á universidade (ABAU), así como de técnicos/as superiores formados/as nos ciclos superiores de formación profesional (CSFP) das vías científica e sanitaria. Asemade é posible o ingreso de titulados/as universitarios/as doutros graos con perfil científico-técnico.
Saídas Profesionais
- Investigación mariña
- Pesca, acuicultura e marisqueo
- Exploración, explotación e xestión de recursos mariños
- Consultorías medioambientais e de enxeñaría de costa
- Xestión, economía, lexislación e contaminación do medio mariño
- Docencia