Rama de coñecemento: Ciencias

Campus: Campus de Vigo

Centro
Facultade de Química

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

60

Nota de acceso

8.804 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

Pretende formar a profesionais do sector da industria química. Neste sector, que en España representa o cuarto sector industrial en importancia (aprox. 10%), os/ as profesionais desempeñan tarefas de investigación, desenvolvemento, deseño, enxeñaría e control de procesos en diversos ámbitos (empresas da madeira, petroquímicas, siderúrxicas, alimentario, farmacéutico, industria cosmética etc.).

Perfil de Ingreso

Aínda que a facultade de Química non ten definido un perfil idóneo de acceso á titulación, é moi recomendable ter cursado as materias de Química, Física e Matemáticas en segundo de Bacharelato (non é sempre posible xa que non son compatibles en todos os centros de secundaria)
Ademais, é aconsellable ingresar na titulación con capacidade de abstracción e de razoamento científico, xunto con capacidade de traballo continuado para poder progresar adecuadamente na adquisición de coñecementos e habilidades.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Traballo de químico/química en organismos do estado, en municipios ou provincias
  • Químicos/as en monopolios e empresas dependentes, incluso indirectamente, do Estado no que se requira esta función
  • Químicos/as en institutos de hixiene
  • Químicos/as de aduanas
  • Químicos/as de empresas privadas
  • Químicos/as en laboratorios oficiais
  • Ensino secundario, universitario e investigación