Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría Industrial

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

50

Nota de acceso

5.000 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

A persoa que se interese pola Enxeñaría Eléctrica ten como destino o traballo na xestión dos sistemas eléctricos de potencia, instalacións e accionamentos eléctricos en transporte e distribución da enerxía eléctrica, áreas que necesitan persoas tituladas con formación específica neste sector. Estas persoas que se gradúen deben cubrir tamén os campos emerxentes que cada vez teñen máis incidencia na sociedade actual, como son a tracción eléctrica nos sistemas eólicos e fotovoltaicos, áreas cunha gran e notable expansión no noso país nos últimos anos e cunha progresión futura cada vez maior.
Na actualidade o sector eléctrico demanda unha gran cantidade de persoas con esta titulación, que fai que as persoas egresadas atopen emprego en menos dun ano dende a súa titulación e que estudantado doutras especialidades acaben traballando tamén no sector eléctrico.

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química
  • Inquietude e curiosidade sobre o mundo da ciencia e da tecnoloxía en todos os seus ámbitos, en especial, no relacionado co ámbito da titulación
  • Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar o seu aprendizaxe
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escritura xunto coa comprensión lectora
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
  • Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico
  • Capacidade de percepción e atención
  • Sentido da organización e o método
  • Sentido práctico e visión espacial

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Xeración de enerxía eléctrica: eólica, fotovoltaica, gran hidráulica e minihidráulica, centrais térmicas de produción de enerxía eléctrica
  • Transporte e distribución de enerxía eléctrica
  • Comercialización de electricidade
  • Tracción eléctrica (vehículo eléctrico)
  • Proxecto e realización de instalacións eléctricas
  • Mantemento de instalacións eléctricas
  • Instalacións eléctricas en buques
  • Xestión enerxética
  • Deseño e construción de equipos eléctricos
  • Fabricación de equipos de acendido