Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura
Campus: Campus de Vigo
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
70
Nota de acceso
7.626 (Ord.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
O interese da titulación ven determinado polas características das dúas materias básicas que a constitúen: Automática e Electrónica Industrial. Estas materias teñen impulsado un cambio importante na actividade económica debido á maior presenza da automatización e intelixencia nos procesos e produtos, cada vez mais complexos, soportándose na informática e nas comunicacións. Hoxe en día non se pode concibir unha liña de produción sen un elevado grao de automatización e unha xestión a través de métodos informáticos e integrada en varios niveis.
Os produtos e sistemas actuais tenden cara unha maior funcionalidade e precisión, baseada na integración dos compoñentes informáticos, sensores e da microelectrónica. Este é o campo de actuación do Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.
Perfil de Ingreso
- Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química
- Inquietude e curiosidade sobre o mundo da ciencia e da tecnoloxía en todos os seus ámbitos, en especial, no relacionado co ámbito da titulación
- Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar o seu aprendizaxe
- Capacidades básicas para a expresión oral e escritura xunto coa comprensión lectora
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
- Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico
- Capacidade de percepción e atención
- Sentido da organización e o método
- Sentido práctico e visión espacial
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Deseño, análise, integración e mantemento de sistemas e equipamentos electrónicos e instalación industriais automatizadas e automatización de maquinaria
- Xestión e organización comercial de empresas de produtos e sistemas electrónicos e/ou automáticos e/ou informáticos
- Dirección e xestión de proxectos de I+D en: automatización, comunicacións industriais, transporte (ferrocarril, avión, automoción), enerxías renovables e nos sistemas electrónicos automatizados en medicina e domótica
- Informática industrial, programación de robots e de autómatas programables e sistemas electrónicos programables en xeral