Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura
Campus: Campus de Vigo
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
64
Nota de acceso
8.998 (Ord.) (1)
Prezo
835.80 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
A formación do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial na Universidade de Vigo ten como obxecto dotar dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propias da profesión a todas aquelas persoas matriculadas e capacitalas para organizar sistemas produtivos, melloralos e xestionar os recursos que ven implicados dentro das actividades industriais e de servizos de forma racional e sustentable. Unha das principais características do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial, pola combinación dos contidos tecnolóxicos e de organización e xestión que nel desenvólvense, é a versatilidade para afrontar con éxito situacións moi diversas coas que se poden atopar as persoas graduadas ao longo da súa carreira profesional.
Mencións
- Produción e loxística
- Xestión empresarial
Perfil de Ingreso
- Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
- Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
- Capacidade de análise de problemas para a súa resolución
- Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
- Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
- Capacidade de traballo en grupo
- Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Xestión da produción
- Mellora dos procesos
- Xestión de aprovisionamentos
- Xestión de almacéns e do transporte
- Xestión da calidade
- Xestión do mantemento
- Consultoría organizativa e técnica
- Marketing e a xestión comercial
- Xestión da innovación e da tecnoloxía
- Xestión dos recursos humanos
- Xestión financeira