Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría Industrial

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

110

Nota de acceso

9.559 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

A formación tradicional en Enxeñaría Mecánica oriéntase cara á adquisición de pericia na resolución de problemas específicos desta rama e cara á capacitación para adaptarse aos cambios tecnolóxicos cos que deberá enfrontarse un estudante deste grao durante a súa vida profesional. Así, dita formación está fundamentada en coñecementos primordiais de ciencia e enxeñaría como son a Física, as Matemáticas, a Expresión Gráfica, a Estatística e a Química. Adicionalmente, a formación específica en Mecánica, Mecánica de Sólidos, Mecánica de Estruturas, Enxeñería Térmica e Mecánica de Fluídos senta as bases para materias máis tecnolóxicas.
As materias tecnolóxicas específicas orientan ao alumnado de forma que poida intervir nas actividades propias da súa profesión. Estas materias tamén fomentan a relevancia de considerar aspectos de integración de procesos e uso racional da enerxía nas fases de deseño, cálculo, análise, dimensionamento, verificación, utilización e mantemento de máquinas, procesos, vehículos, estruturas, construcións e instalacións. Actualmente, ademais das habilidades experimentais e metrolóxicas, o graduado ou graduada en Enxeñaría Mecánica debe dominar, de forma transversal, as técnicas de computación que asisten na súa tarefa de diferentes formas e que son ferramentas imprescindibles. Este grao incorpora técnicas asistidas por computador nas diferentes materias onde se require.

Mencións

  • Maquinaria
  • Transporte
  • Construción e instalacións
  • Deseño e fabricación

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a cal capacita

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Deseño, avaliación, control da calidade e dirección de proxectos de construción, montaxe, mantemento e reparación de estruturas, construcións industriais e instalacións
  • Proxectos de enerxías renovables: solar térmica, biomasa e valorización de residuos, xeotermia…
  • Eficiencia enerxética de equipos e instalacións térmicas: cualificación enerxética en edificios, recuperación de calor en procesos industriais
  • Proxectos de deseño e fabricación de pezas, utillaxes e máquinas de funcionalidade final ou proceso mecánico (tecnoloxías CAD/CAM/CAE)