Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría Industrial

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

20

Nota de acceso

10.842 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O título de Grao en Enxeñería da Automoción -mención dual- achega a formación científico-técnica e socioeconómica necesaria para realizar actividades relacionadas coa concepción, cálculo, deseño, análise, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións dentro do campo da industria en xeral e, en particular, da industria relacionada co sector da Automoción.

Esta formación capacitará para o desenvolvemento actividades no ámbito profesional con creatividade, espírito crítico e sentido ético, atendendo, en todo caso, ás especificacións e normativas técnicas correspondentes.

Acceso e admisión

Bacharelato con ABAU superada
Ciclos formativos de grao superior
Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

El Grado en Enxeñería da Automoción achegará aos egresados a formación necesaria para que sexan capaces de realizar, entre outras, as seguintes actividades e funcións:
– Capacidade para desenvolver actividades relacionadas coa concepción, deseño, elaboración, análise e mantemento de sistemas e compoñentes incorporados aos automóbiles.
– Desenvolver solucións que dean resposta aos problemas de mobilidade que se presentan nas sociedades modernas, sempre baixo principios de eficiencia e sustentabilidade.
– Ter a capacidade para mellorar o produto e levar a cabo reingeniería de procesos.
– Capacidade para organizar e controlar a produción en planta, control de calidade e loxística.
– Ser capaces de aplicar os regulamentos e o cumprimento da normativa no sector do automóbil.
– Ademais, a formación adquirida tamén permitirá aos egresados do título levar a cabo actividades relacionados co proxecto, cálculo, deseño, análise, construción, posta en marcha e operación de equipos e instalacións dentro do campo da industria en xeral e, en particular, da industria da automoción.
– Por outra banda, tamén estarán capacitados para de liderar e dirixir proxectos en contornas multidisciplinares.