Rama de coñecemento: Enxeñaría e arquitectura

Campus: Campus de Vigo

Centro
Escola de Enxeñaría Industrial

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

342

Cursos

6

Prazas

10

Nota de acceso

11.336 (Ord.) (1)

Prezo

835.80 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O interese do Programa Conxunto vén determinado polas características que presentan as dúas titulacións que o constitúen. Os contidos que se abordan impulsaron un cambio importante na actividade económica grazas á maior presenza da automatización e intelixencia en procesos e produtos cada vez máis complexos que se soporta na informática e as comunicacións. Igualmente, desde o punto de vista dos produtos e sistemas, a tendencia é a dunha maior agregación da funcionalidade e precisión baseada na integración de compoñentes, sensores, a introdución da microelectrónica xunto coas técnicas correspondentes aos sistemas mecánicos.
O Programa Conxunto en Enxeñería Mecánica e Enxeñería Electrónica Industrial e Automática proporciona a formación necesaria para exercer un labor profesional en calquera das dúas áreas e, o que é máis importante, para executar tarefas de alta cualificación nas que sexa necesario integrar coñecementos profundos en ambos os campos. A innovación no sector industrial, a novo paradigma que define a chamada Industria 4.0, necesita a este tipo de profesionais. A combinación das especialidades de Mecánica e Electrónica Industrial e Automática dá como resultado un perfil moi buscado actualmente en moitas industrias.

Perfil de Ingreso

Estudar esta modalidade implica unha gran motivación e preocupación pola adquisición dun coñecemento amplo co obxectivo de dar unha resposta adecuada aos problemas máis complexos. Á súa vez, este PCEO proporciona capacidade para contar con máis recursos á hora de resolver calquera tipo de situación, cubrindo un abanico moito máis amplo de necesidades nas empresas.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

Este Programa Conxunto permite adquirir un perfil profesional na liña do que se podería denominar enxeñería en Mecatrónica e que está a ser moi demandado na industria, aínda que Mecatrónica é un concepto máis amplo. Aínda así, a necesidade da integración entre os campos da enxeñería Mecánica e a enxeñería en Electrónica Industrial e Automática revélase hoxe en día como algo que é esencial para unha gran parte de empresas do sector industrial que, polo desenvolvemento tecnolóxico, ven obrigadas a dominar nos seus procesos de produción os coñecementos, entre outros, destes dous campos da enxeñería.
As persoas egresadas en Enxeñería Mecánica deseñan, melloran, producen e manteñen dispositivos e sistemas mecánicos, compoñentes, motores e instalacións industriais. No seu quefacer destacan actividades de gran relevancia económica para calquera país desenvolvido como son os sistemas de fabricación e produción industrial, o transporte, a maquinaria, a construción e instalacións industriais. A enxeñería Mecánica céntrase no deseño de máquinas, motores, mecanismos e sistemas mecánicos polo que está moi ligada aos sistemas de produción industrial. Por outra banda, o control e automatización dos devanditos sistemas para que sexan máis rápidos, seguros e eficientes corresponde ao ámbito da enxeñería electrónica industrial e automática.