Rama de coñecemento: Ciencias da saúde

Campus: Campus de Vigo

Centro
E.U. de Enfermaría (Povisa)

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

70

Nota de acceso

10.340 (Ord.) (1)

Prezo

4000.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2024/2025
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O Grao en Enfermaría forma a persoas enfermeiras responsables de coidados xerais en todos os ámbitos dos servizos sanitarios e naqueles espazos que, aínda que non sexan do ámbito hospitalario, requiren da presenza de persoas graduadas en enfermaría.

Perfil de Ingreso

Recoméndase unha actitude de axuda ás persoas e unha visión integral para relacionar todas as dimensións do ser humano. Ademais, debería demostrar unha adecuada disposición para o traballo en equipo, o estudo continuado, reflexivo e crítico, a capacidade de adaptación continua ao cambio e ao manexo de situacións con gran carga física e emocional. Igualmente é necesario ter responsabilidade, equilibrio, madurez persoal e boa saúde.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Asistencia sanitaria: mantemento, promoción e restablecemento de saúde, prevención das enfermidades e accidentes, asistencia, rehabilitación, centros de atención primaria, centros psiquiátricos, coidado e atención ao/á docente, campañas de vacinación, dietética terapéutica, persoal técnico en distintas especialidades (obstetricia, pediatría, xeriatría, psiquiatría…)
  • Enfermaría extra-hospitalaria: centros socio-sanitarios, colexios, centros xeriátricos, centros de día, centros de apoio en procesos críticos, balnearios, gardarías, cooperación ao desenvolvemento
  • Medicamento deportivo: centros deportivos, clubs deportivos
  • Educación para a saúde: educación para a saúde en escolas, atención a nais en parto e postparto, campañas de promoción da saúde, orientación sanitaria
  • Xestión administración: xestión de recursos sanitarios, xestión de servizos sanitarios
  • Saúde laboral: enfermaría da empresa, mutuas…