Rama de coñecemento
Enxeñaría e arquitectura
Campus
Campus de Ourense
Créditos ECTS
300
Cursos
5
Prazas
5
Nota de acceso
7.568 (Ord.) (1)
Prezo
835.80 € (2)(3)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia
Descrición
O PARS (Programa Académico con Percorrido Sucesivo) é un programa novo que vincula o título de grao en Enxeñaría Informática e o máster universitario en Enxeñaría Informática.
A vantaxe de acollerse a este programa é a oportunidade de comezar a cursar a titulación do máster sen ter completamente rematado o grao. Concretamente, os/as matriculados/as poderán acceder e matricularse no máster universitario en Enxeñaría Informática aínda que lles reste por superar o TFG e un máximo de tres materias optativas do grao en Enxeñaría Informática.
Deste xeito, poderás especializarte profesionalmente no ámbito da enxeñaría informática, cunha formación integral e avanzada en todos os ámbitos desta enxeñaría.