Rama de coñecemento
Enxeñaría e arquitectura
Campus
Campus de Ourense
Créditos ECTS
336
Cursos
5
Prazas
10
Nota de acceso
9.946 (Ord.) (1)
Prezo
772.50 € (2)(3)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia
Descrición
O PCEO GrIAEI permite simultanear os estudos de Grao en Intelixencia Artificial e Grao en Enxeñaría Informática. O seu obxectivo principal é formar profesionais altamente cualificados que dominen tanto os fundamentos da informática como as tecnoloxías emerxentes de intelixencia artificial. Este programa integral permite aos estudantes obter unha comprensión profunda do deseño e desenvolvemento de sistemas informáticos complexos, á vez que adquiren habilidades avanzadas en aprendizaxe automática, procesamento da linguaxe natural e toma de decisións automatizada.
Perfil de Ingreso
A simultaneidade Intelixencia Artificial – Enxeñería Informática oriéntase a persoas interesadas na tecnoloxía, a programación e a resolución de problemas complexos, que tamén teñan curiosidade por comprender e desenvolver sistemas intelixentes capaces de aprender, razoar e adaptarse. É ideal para estudantes cunha base sólida en matemáticas, lóxica e pensamento abstracto que desexen adquirir unha formación integral e distintiva en dúas áreas clave da transformación dixital. O programa busca un perfil analítico, creativo e con visión de futuro, motivado polos desafíos tecnolóxicos e con aspiracións a traballar en contornas innovadoras e multidisciplinares.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
As saídas profesionais que ofrece a simultaneidade dos graos de Intelixencia Artificial e de Enxeñaría Informática son, entre outras:
- Enxeñeiro/a de intelixencia artificial.
- Arquitecto/a de computación na nube.
- Desarrollador/a de solucións para o procesamento de linguaxe natural.
- Deseñador/a e desarrollador/a de solucións informáticas
- Enxeñeiro/a de proxectos.
- Desarrollador/a de software e aplicacións.
- Investigación e desenvolvemento no ámbito da computación, os datos e intelixencia artificial aplicada.
- Consultor/a de proxectos de automatización intelixente.