Rama de coñecemento
Artes e humanidades
Campus
Campus de Vigo
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
120
Nota de acceso
7.640 (Ext.) (1)
Prezo
591.00 € (2)(3)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia
Descrición
O obxectivo básico deste grao é formar profesionais da tradución e da interpretación capaces de identificar e de aplicar as ferramentas e as estratexias de mediación cultural e lingüística de calidade, ademais de preparalos/as para unha futura especialización. O estudantado elixirá entre tres opcións: inglés-español, francés-español e inglés-galego. Calquera que sexa a opción escollida, estudarase a maiores un segundo idioma (inglés, francés, alemán ou portugués).
Mencións
- Español-Inglés (60 prazas / nota de corte: 5.626 (Ordinaria))
- Español-Francés (40 prazas / nota de corte: 5.000 (Ordinaria))
- Galego-Inglés (20 prazas / nota de corte: 5.518 (Extraordinaria))
Perfil de Ingreso
Estudantado interesado na comunicación oral en todas as súas formas e variedades lingüísticas, ademais da literatura e os textos en xeral. Recoméndase dominar as linguas nativas e posuír destrezas en competencias pasivas orais e escritas.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- Tradución
- Docencia
- Secretariado bilingüe
- Vendas internacionais
- Relacións públicas
- Mercadotecnia
- Administración