Rama de coñecemento
Ciencias sociais e xurídicas
Campus
Campus de Pontevedra
Centro
Créditos ECTS
360
Cursos
5
Prazas
10
Nota de acceso
N/A (1)
Prezo
709,20 € (2)(3)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia
Descrición
A proposta deste programa de simultaneidade xorde no marco da recente modificación do título de Grao en Publicidade e Relacións Públicas, que resposta á necesidade de actualizar os contidos académicos e aliñalos coa realidade socioeconómica actual. Esta revisión curricular permite introducir unha proposta máis flexible e adaptada aos cambios do sector, garantindo unha formación de maior calidade e adecuación as demandas profesionais. Durante o proceso de revisión da memoria do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, identificouse un crecente interese, tanto por parte do sector audiovisual e publicitario como do propio estudantado, na creación de perfís híbridos que combinen as competencias en creación de contidos audiovisuais e que entendan a realidade do mercado publicitario e da comunicación política e institucional. A sinerxía entre ambos títulos non só responde a unha demanda específica do tecido profesional, senón que tamén supón unha vantaxe competitiva para o alumnado, que accederá a un mercado laboral cada vez máis esixente cunha formación diferenciadora.
Acceso e admisión
- Bacharelato con PAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas profesionais
- Dirección e produción de contidos publicitarios audiovisuais
- Estratexia e xestión de comunicación en axencias de publicidade e márketing
- Creación e xestión de contidos para redes sociais, plataformas dixitais e medios de comunicación
- Consultaría en comunicación corporativa e institucional
- Desenvolvemento de proxectos de branding e identidade visual
- Dirección de comunicación en empresas e organizacións
- Produción audiovisual para publicidade, televisión e plataformas dixitais