Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Rama de coñecemento

Ciencias sociais e xurídicas

Campus

Campus de Pontevedra

Materias do título Ficha no centro

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

20

Nota de acceso

6.000 (Ext.) (1)

Prezo

591.00 € (2)(3)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso do curso 2025/2026
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
(3) Bonificación equivalente ao 99% do prezo en primeira matrícula segundo decreto da Xunta de Galicia

 

Descrición

A principal fortaleza deste grao é o seu carácter multidisciplinario que combina as seguintes áreas de coñecemento: ciencia política e da administración, contabilidade, dereito, economía, empresa, estatística, informática, mercadotecnia e socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos o grao orienta ao estudantado dunha maneira integral cara á dirección e xestión das organizacións públicas e privadas cunha relación estreita coa Administración (xestorías administrativas, consultorías, etc.).

Perfil de Ingreso

Persoas que traballan nas diferentes administracións públicas, así como en organizacións privadas e sociais que desenvolven proxectos e servizos públicos. Persoas que desexan prepararse para traballar en institucións públicas ou que queren mellorar as súas competencias para promocionar nas súas respectivas institucións públicas.

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • "Técnico de organizacións públicas estatais, autonómicas, locais e comunitarias, que inclúe dous perfís: xestor de administracións públicas ( p.ex. educativas, sanitarias); e, b) xestor de proxectos de políticas públicas e servizos públicos (calquera nivel de goberno).
  • Técnico de organizacións privadas e sociais que traballan para as administracións públicas, con tres perfiles: a) técnico en xestorías administrativas e organizacións de consultoría (subvencións, rendas, tramitación sedes electrónicas); b) técnico organizacións non gobernamentais e sector non lucrativo (contratación, proxectos, participados); e, c) xestor administrativo en institucións sociais e políticas"